31 de dez. de 2008

2mil9


Graciñas a cada un de vós.
Graciñas por estares. Por escribir.
Graciñas por vires por aquí.

Apertas ao lonxe e que teñades un Ano Novo cheo de goce e risos!

16 de dez. de 2008

Un espazo para a túa creación

Saúdo con ledicia a chegada do blog da Editorial Galaxia que, como antes o de Xerais, deixan achegarse ás novas da vida editorial. Gustame mergullar pola cociña dos libros, sobre o que pensan e pescudan os editores, sobre aquela alquimia que fai posible que unha chea de follas de papel rematen sendo un volume.


Con todo, o recanto que mais que entusiasmou foi o chamado Un espazo para a túa creación que non é outra cousa que unha fiestra á edición para todos os que coma vós contades historias con xeito e con estilo. Anímovos a mandar eses escritos: o benquerido SusoLista, Torreira, a única SaraJess, Mr Tichborne (que xa sabe destas cousas), Besbe, Homes de pedra en barcos de pau, X, Anton e Marisa... e todos, que dende logo esquezo moitos.

Dalgunha maneira, estes nosos blogs están chamados a ser os primeiros espazos de publicación para moitos de vós.